25-11-2016
O investigador Miguel González Loureiro, premiado por unha das súas publicacións
O artigo A
content and comparative analysis of strategic management research in the Baltic
area: a research agenda for qualitative studies, do cal é co-autor o investigador de ECOBAS Miguel González Loureiro, é un dos tres galardoados dentro da revista Baltic Journal of
Management co premio Highly Commended Paper 2016.
A entrega do
certificado que o acredita coma gañador deste premio correu a cargo de Carolina
Mazzoleni, do grupo editorial Emerald, e tivo lugar o pasado 21 de novembro na
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
Estes premios
forman parte dos Emerald
Literati Awards for Excellence, que se entregan dende fai máis de 20
anos. Os artigos gañadores son seleccionados polo equipo editorial de cada
revista respondendo a criterios coma a súa contribución na área de coñecemento
correspondente, a súa estrutura e presentación, a forma en que estean escritos
ou a actualidade do tema. Esta
rigorosidade á hora de aplicar os criterios fai que só os artigos máis
impactantes do ano poidan acadar o premio, e polo tanto que só os autores
excelentes cheguen a ser merecedores do mesmo.