07-10-2016
O coordinador de ECOBAS, Carlos Hervés, invitado polo Club Faro para impartir unha conferencia
O catedrático da Universidade de
Vigo e coordinador de ECOBAS, Carlos Hervés, foi invitado a impartir unha
conferencia no Club Faro o pasado 5 de outubro.
A Profesora Emma Moreno,
catedrática de Economía da Universidade de Salamanca, foi a encargada de facer
a presentación do Profesor Hervés, quen disertou sobre “A investigación nas áreas de economía e empresa na Universidade de Vigo”.
O conferenciante salientou a
importancia dunha organización coma ECOBAS, que agrupa a moitos dos mellores
investigadores galegos neste ámbito científico. Ademais, dedicou parte da
conferencia a percorrer a historia da investigación na cidade de Vigo, remontándose ao período previo ao nacemento
da súa Universidade, e a resaltar a importancia da investigación. Tamén quixo
subliñar as características que ha de ter un bo investigador, fundamentadas na
capacidade para facerse as preguntas axeitadas e obter respostas rigorosas ben
documentadas.
Outro dos temas que puxo de
relevancia o Profesor Hervés, e que espertou gran interese entre os asistentes,
foi o da relación da Universidade coa sociedade, coas administracións públicas
e coas empresas privadas. Para Hervés, é importante apostar por unha maior
interacción entre todas elas, xa que na sociedade actual non se coñece
suficientemente o traballo e as capacidades do profesorado universitario. Por
iso salientou que é moi importante fomentar as accións de difusión que permitan
que se dea a coñecer o traballo dos investigadores para que “a xente saiba que poden preguntarnos” e
que se vexa a investigación como algo máis útil e achegado.
Máis información nos seguintes enlaces:
Faro de Vigo - Un recorrido por los principios de un proyecto
Faro de Vigo - Hervés: "Un
investigador debe aceptar críticas pero tener conocimientos para
discutirlas"