21-10-2016
A Universidade de Vigo, impulsada por membros de ECOBAS, entidade adherida á Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social
A Universidade de Vigo, impulsada por
membros de ECOBAS, entidade adherida á
Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.
O pasado 6 de setembro asinouse o
acordo entre a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego
e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para súa adhesión á
Rede EUSUMO. A adhesión, impulsada por María José Cabaleiro Casal e por Carlos
Iglesias Malvido, investigadores da
Agrupación Estratéxica ECOBAS, ten por obxecto avanzar nos lazos de
colaboración entre a Unversidade e as entidades que conforman EUSUMO.
EUSUMO é unha Rede de colaboración
creada no ano 2012 para o fomento do espírito emprendedor mediante o apoio
directo á consolidación de emprego con base na Economía Social. A rede está
integrada polas
Administracións Públicas e outras entidades galegas coma Sociedades Cooperativas,
Fundacións e entidades sen ánimo de lucro, entre outras.
Esta Rede está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e
impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de
Galicia. Os seus obxectivos fundamentais son informar, formar, orientar e
asesorar proxectos cooperativos e de Economía Social, apoiar a comercialización
e internacionalización das cooperativas, así como analizar e estudar o
ecosistema que afecta a este tipo de entidades. Deste xeito, as entidades
adheridas á Rede vense beneficiadas ó compartir esforzos para acadar unha maior
rentabilidade dos recursos, coma medios técnicos, promoción e difusión, espazos
web de apoio ó emprendemento, etc.
Este convenio de colaboración contribuirá
a potenciar os traballos dos actuais grupos de investigación da Universidade de
Vigo en materia de Economía Social, así como a fomentar a transferencia dos
seus resultados de investigación para o conxunto da sociedade.
Podes consultar toda a
información sobre a Rede EUSUMO
aquí.
Novas relacionadas:
Economía en Galicia - Miembros de ECOBAS impulsan la adhesión de la Universidad de
Vigo a la Rede EusumoDUVI -
Ecobas adhírese á Rede Ensumo para o fomento do
cooperativismo e a economía social