18-10-2016
ECOBAS promove a participación da comunidade universitaria en Proxectos de Cooperación Europea
O pasado xoves día 13 de Outubro
celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade
de Vigo a Xornada de Capacitación sobre Proxectos de Cooperación Europea. O
evento, que tivo lugar ó longo de todo o día, estivo organizado por ECOBAS e
foi impartido pola consultora ECONET.
A actividade serviu para que os
asistentes puidesen coñecer e profundar sobre tres programas específicos de
financiación da Comisión Europea: SUDOE, Espazo Atlántico e POCTEP. Estes
programas ofrecen soporte económico a proxectos colaborativos nos que
participan algunhas rexións concretas dentro da Unión Europea, entre elas
Galicia, polo que constitúen unha boa oportunidade para distintos organismos,
tanto públicos coma privados, á hora de obter fondos para levar a cabo diversas
actuacións.
Accións formativas coma esta son
clave á hora de mellorar as capacidades e competencias dos asistentes, e é por
iso que ECOBAS, en liña coa súa estratexia proactiva, participa activamente na
organización destes eventos, de elevado interese para a comunidade
investigadora.