03-05-2016
O Foro Económico de Galicia, dirixido polo investigador de ECOBAS Santiago Lago, presenta o seu Anuario 2016
O Foro Económico de Galicia é unha plataforma que integra a diversos expertos do ámbito da economía co obxectivo de analizar a realidade económica galega e contribuir a coñecer mellor os retos aos que se enfrenta, os desafíos, as oportunidades e as ameazas.
O Anuario 2016 elaborado por esta organización reúne 13 análises elaborados por expertos e representantes políticos galegos de diversos partidos e plantexa unha serie de solucións para mellorar a economía galega. Entre os expertos que teñen participado neste Anuario se atopan os investigadores de ECOBAS Santiago Lago, Patricio Sánchez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Francisco Carballo.
Consulta
aquí o contido completo do anuario.
Accede a máis información sobre esta nova nos seguintes enlaces:
Nova no Foro Económico de GaliciaNova na Voz de Galicia