Noticias

Os seminarios Libra de Oficio comezaron coa zoqueira Elena Ferro como madriña
21-09-2021

Os seminarios Libra de Oficio comezaron coa zoqueira Elena Ferro como madriña

Santiago, 21 de setembro.  Esta tarde comezou en Santiago o ciclo de seminarios de transferencia  titulados “Libra de Oficio” que organiza o Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS. Este centro de I+D+i traballa no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. Ademais apoia o Máster Interuniversitario en Economía, e o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial das tres universidades galegas.  

Dentro das actividades do presente ano académico, ECOBAS está a levar a cabo dous novos ciclos de seminarios, os Seminarios de Investigación (seminarios científicos con relatorios sobre economía de investigadores e investigadoras de excelencia, nacionais e internacionais) e os Seminarios de transferencia titulados "Libra de Oficio", que apoian o emprendemento, a empresa galega, a creación de emprego, a igualdade de xénero, o sistema cooperativista, etc.

Para apoiar o inicio deste novo ciclo de seminarios, ECOBAS contou cunha madriña de excepción, Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019. A zoqueira de Merza conversou cos asistentes ó seminario sofre Eferro, a empresa familiar con máis de cen anos de tradición no oficio dos zocos e a marroquinaría.A cita tivo lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Carlos Hervés e María Loureiro, director e directora científica de ECOBAS.

Ó final do evento, o público  participou no sorteo duns zocos Eferro. 

DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

2021-09-21.jpeg
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.