Noticias

Luz verde para o proxecto PASOS promovido por CIM, ECOBAS e FUNDAMAR
28-07-2021

Luz verde para o proxecto PASOS promovido por CIM, ECOBAS e FUNDAMAR

A Xunta de Galicia apoiara o Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño a través das entidades de Economía Social

O proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social) ven de ser apoiado pola Rede EUSUMO, impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento  do cooperativismo e a economía social. Levarase a cabo de forma coordinada entre FUNDAMAR e dous centros de investigación da Universidade de Vigo, CIM e ECOBAS, como primeira actividade conxunta no marco do convenio de colaboración que estas entidades asinaron o pasado ano co obxectivo de poñer en marcha accións conxuntas de fomento da investigación, a formación e a transferencia de coñecemento vencelladas ó ámbito social e mariño. 
O proxecto  conta cun orzamento de máis de 50.000 euros e desenvolverase entre abril de 2021 e setembro de  2022. 

PASOS xurde pola 
necesidade de achegar a ciencia á sociedade, e pretende afrontar os retos da comunidade mariña desenvolvendo un marco estratéxico común en base aos principios da Investigación e Innovación Responsable (coñecida como RRI) e da Economía Social. 

O proxecto comprende dúas actividades: por unha banda, o desenvolvemento dun plan de acción para impulsar a RRI no ámbito mariño a través das entidades de Economía Social, no que se realizará unha diagnose da situación mediante entrevistas e mesas de traballo con representantes da cuádruple hélice do sector mariño, e se deseñarán eixos estratéxicos e metas; e por outra,  levarase a cabo unha estratexia de promoción e divulgación desta RRI, coa organización de distintas actividades que contarán coa participación de persoal investigador e técnico especializado en RRI, e con diferentes axentes do eido do mar e da Economía Social. 

Preténdese así establecer un diálogo entre a universidade e a sociedade, e impulsar a posta en marcha de novos proxectos e iniciativas de interese común e baseadas nas necesidades reais do sector mariño. 
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.