Noticias

Falamos con Brais Suárez Eiroa, recente doutor Cum Laude coa súa tese ‘Integración de la economía circular en el marco del desarrollo sostenible: Marco teórico e implementación práctica’
20-07-2021

Falamos con Brais Suárez Eiroa, recente doutor Cum Laude coa súa tese ‘Integración de la economía circular en el marco del desarrollo sostenible: Marco teórico e implementación práctica’

“Moitas veces rematar a tese de doutoramento é abrir unha porta dunha habitación valeira”

 Para Brais, investigar é a oportunidade de crear e innovar. Cando comezou a o seu camiño na investigación co traballo de fin de Máster non entendía o que significaba, pero agora recoñece que este traballo converteuse para el en algo dinámico e vicioso.  

“O mundo está cheo de cousas para aprender, e tamén cheo de cousas por deseñar. A investigación busca dar resposta a preguntas que carecen dela”

Enxeñeiro industrial de formación, tiña claro que as súas inquedanzas eran outras. Cursou o Máster en Xestión de Desenvolvemento Sostible da UVigo, o que lle serviu de ponte entre a enxeñaría e o seu presente. Quería entender as consecuencias sociais do deterioro ambiental. 

“A miña motivación principal para protexer o entorno natural sempre estivo ligada a terminar coas inxustizas xeradas, e tamén a atopar os mecanismos comúns entre os problemas sociais, coma as desigualdades e o deterioro ambiental”.
 

Brais pensaba orientar a súa tese de doutoramento a algún análise de ciclo de vida para optimizalo e melloralo, pero as súas lecturas sobre economía circular cambiaron o seu punto de vista e levárono a analizar o concepto de ‘Economía Circular’ a fondo. 

“Vin como se estaba tratando de empregar un novo termo, a economía circular, para seguir facendo as cousas mal, xa que se se seguían facendo as cousas mal, o deterioro ambiental ía seguir e tamén as consecuencias sociais do mesmo”
 

Define o doutoramento como unha ‘montaña rusa de emocións’, un camiño que cada un ten que percorrer aceptando as túas limitacións e tratando de superalas. 
 

“Para min, hai dúas claves para que a tese mereza a pena. A primeira, que te apaixone o que estás a investigar. A segunda, rodearte das persoas adecuadas para facelo”.
 

A súa tese trata de deseñar un marco de traballo para integrar e facer operativa a economía circular no paradigma da sostibilidade ambiental. Demostra que os países ricos dispoñen de ferramentas suficientes para estimar a súa responsabilidade sobre os problemas ambientais globais e non o están a facer. Tamén deseña estratexias de economía circular que vaian a servir de verdade para lograr a transición á sostibilidade ambiental. En conclusión, propón a necesidade de que a economía circular vaia moito máis alá do progreso tecnolóxico e a evolución do mercado, incluíndo aspectos sociais, e promovendo a educación. 

“O obxectivo real non é axustar as actividades humanas aos límites naturais, senón transformar o sistema socioeconómico para convivir folgadamente dentro dun sistema natural con límites”.
 

O doutor non ten unha meta como tal dentro da investigación, senón que define a profesión como un camiño por percorrer que se vai axustando ás necesidades e inquedanzas de cada momento. 
 

“Penso que nunca chegarei a estar satisfeito como para rematar de aprender, e se algún día o fixera, quizais deixaría de ter sentido a investigación, xa que a humildade e ser consciente en todo momento das nosas limitacións é o punto de partida para innovar na investigación”.
 

Ante o seu desexo de seguir afondando no nexo medio ambiente-sociedade e traballar no tránsito dos modelos actuais a novos modelos máis xustos que preserven o medio ambiente, Brais comezará a traballar en setembro da man de Mario Pansera dentro do marco do proxecto europeo “JUST2CE”. Isto permitiralle seguir na liña de investigación iniciada na tese. 

“É un mundo complicado este da investigación. Eu tiven a enorme fortuna de que chegou Mario cun proxecto que se axustaba perfectamente co que eu estaba a investigar, e ademais chegou o mesmo ano que eu remataba a tese”.
 

O investigador, que se considera afortunado, lamenta que as opcións para seguir investigando esixan facer sacrificios en ocasións difíciles de asumir, e que é preciso acadar unha investigación de calidade para Galicia e para España.


Na foto, Brais cos seus directores de tese, Emilio M. Fernández Suárez e Gonzalo Méndez Martínez
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.