Noticias

A Asociación Científica de Economía y Dirección de Empresa premia o traballo dun doutorando de Rede-Ecobas
08-07-2021

A Asociación Científica de Economía y Dirección de Empresa premia o traballo dun doutorando de Rede-Ecobas

No ano da súa incorporación ao mundo académico e no que tamén asiste a congresos por vez primeira, o doutorando do programa Análise económica e estratexia empresarial da UVigo Lucas López Manuel recibiu o premio nacional ao mellor artigo na sección de Dirección de operacións e tecnoloxía outorgado no congreso anual da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa (Acede), que reúne 750 académicos españois da área da empresa. “É un honor e unha sorpresa. Sinceramente, estou aínda chegando ao mundillo e penso que aínda non asimilei o valor que ten isto”, explica o estudante ourensán de doutoramento de Rede-Ecobas. Logo de cursar o Grao en Economía na USC, realizar unha estadía Erasmus en Polonia e realizar un mestrado de comercio exterior na Universidad de Valladolid, Lucas López Manuel chegou á UVigo o ano pasado para iniciar os seus estudos de doutoramento. “Agora mesmo estou no primeiro ano de doutoramento, baixo o paraugas de Rede-Ecobas, no programa de Análise económica e estratexia empresarial”, aclara.

Impacto do traballo temporal nas prácticas de excelencia operacional

O artigo, Making a virtue of necessity once again: temporary labor to pusch operational excellence forward, co que Lucas López acadou o premio na sección Dirección de operacións e tecnoloxía do congreso anual de Acede é un traballo no que, xunto aos coatuores e tamén “mentores”, Antonio Sartal e Xosé H. Vázquez, os investigadores exploran cal é o impacto do traballo temporal nas prácticas de excelencia operacional. “Para aqueles non están familiarizados con este termo, a excelencia operacional é un ‘termo paraugas’ que se refire á implementación de prácticas enfocadas a aumentar a eficiencia, (por exemplo, diminuír paróns nas liñas de produción e reducir os desperdicios xerados a través da estandarización de procesos) nas plantas de produción”, detalla o autor do artigo, que sinala que dentro da excelencia operacional, un conxunto de prácticas moi recoñecidas é o lean management, herdado do sistema de produción que deseñou o fabricante de automóbiles xaponés Toyota. O artigo premiado insírese nun proxecto no que Lucas e os seus mentores están a traballar desde hai case un ano, pero foi neste 2021 cando o estudante de doutoramento considerou que tiña “a madurez axeitada para empezar a presentalo en congresos. No mundo académico resulta imprescindible obter críticas doutros colegas xa que é a base da nosa aprendizaxe, especialmente cando está comezando”, recoñoce o autor do artigo premiado.  

Diario da Universidade de Vigo

 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.