Noticias

SAVES publica o seu segundo Informe sobre cooperativismo e economía social
14-06-2021

SAVES publica o seu segundo Informe sobre cooperativismo e economía social

SAVES publica o seu segundo Informe sobre cooperativismo e economía social  

O Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, SAVES, xa publicou o segundo dos catro Informes que ten proxectados, e que amosa a Situación Económico-Financeira do Cooperativismo en Galicia.  

Este asistente, creado polos investigadores María José Cabaleiro e Carlos Iglesias, é unha ferramenta capaz de xerar un conxunto de indicadores, tanto gráficos como cuantitativos, que recolle as particularidades das sociedades cooperativas, en especial da súa estrutura económica e financeira, e dos seus resultados. Ademais, elabora cocientes económicos habitualmente empregados na análise financeira, pero adaptados ás especificidades das cooperativas. Estes Informes están destinados  non só ás cooperativas, senón á administración Pública, ás asociacións do sector; e ó persoal investigador das tres universidades galegas. A información básica e non protexida estará a disposición de todo o público, pero para a análise específica ou a medida existen diferentes niveles de accesibilidade.

Na actualidade, a información sobre o Cooperativismo e a Economía Social en Galicia está dispersa en diversas fontes estatísticas, o que dificulta o seu tratamento informático: non existe unha serie histórica con datos comparables no tempo; non se dispón dun conxunto de indicadores adaptados á singularidade das sociedades cooperativas; e ningunha das fontes estatísticas subministra datos doados de consultar nos dispositivos electrónicos móbiles que se utilizan hoxe en día. Esta realidade foi a que propiciou a posta en marcha do proxecto que deu orixe ó nacemento de SAVES.

A importancia do Cooperativismo 

Historicamente o cooperativismo galego está caracterizado pola súa importancia en dous ámbitos: o agrario e o de traballo asociado. O primeiro agrupa tanto a PEMES como a grandes empresas con actividade do sector agrario; e o segundo está composto, sobre todo, de microempresas de todos os sectores de actividade. Pero cos anos teñen ido xurdindo experiencias cooperativas doutras clases, como as cooperativas do mar, servizos sociais, consumo, vivenda, transportes, ou servizos financeiros, entre outras. Todas elas conforman o movemento cooperativo galego que, ano tras ano, consolida a súa implantación en Galicia.

Os piares de SAVES

SAVES non sería posible sen o seu equipo humano. Ademais dos investigadores María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido, para os labores de xestión do proxecto contan co apoio de ECOBAS, e cunha técnica propia, Belén Lemos, encargada das tarefas de recompilación de datos, e de colaborar na elaboración dos informes e no deseño da páxina web, desenvolvida, coma non podía ser doutra maneira, por unha Sociedade Cooperativa Galega, Triwus. Para que este proxecto puidera poñerse en marcha, o financiamento chegou da man da Rede EUSUMO da Xunta de Galicia e da Agrupación estratéxica ECOBAS. Pero hai, ademais, outros organismos que contribúen coa súa experiencia, con información, cos seus espazos, e coas súas colaboracións. Trátase de apoios como o que chega da Subdirección Xeral de Economía Social, dependente da Consellería de Emprego, Economía e Industria da Xunta de Galicia; das asociacións de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP e AGACA; da Escola de Estudos Cooperativos da Universidade Complutense de Madrid, ou da Escola de Estudos Empresariais de Vigo.

Coa intención dar continuidade á labor de SAVES despois de que os informes 3 e 4 sexan publicados en xullo e setembro, respectivamente, estase a traballar na busca de novo financiamento e apoios cos que crear máis ferramentas e aplicacións en SAVES que axuden a consolidar e promover o movemento cooperativo en Galicia.

 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.