Noticias

A investigadora Iria García Lorenzo, membro de ECOBAS, acada o Premio Extraordinario de Doutoramento
04-06-2021

A investigadora Iria García Lorenzo, membro de ECOBAS, acada o Premio Extraordinario de Doutoramento


A súa tese titulada ‘Gobernanza y participación en la pesca a pequeña escala. El caso de las cofradías de pescadores de Galicia’, foi recoñecida pola Comisión Permanente do Comité de Dirección da Eido.
 

 

Un estudo sobre unha actividade económica de pequena escala tradicionalmente galega

 Iria tiña claro que “os temas que integraban a economía e o ambiente que nos rodea eran un camiño moi interesante e atractivo para seguir”. Seus pais eran biólogos, e de sempre tivo unha percepción diferente do mundo natural. Por iso, despois do mestrado de Xestión de Desenvolvemento Sostible, e durante o primeiro ano de tese, sentiuse atraída polo estudo das confrarías e a xestión colectiva dos recursos comúns. Apoiada polos seus directores, pensa que o feito de estudar os aspectos económicos desta actividade propia do noso territorio “foi unha das mellores decisións da tese”. 


 Unha aproximación ás confrarías desde distintas perspectivas

Na súa obra, Iria aplicou ata tres marcos teóricos diferentes; a Nova Economía Institucional, A Economía dos Recursos Naturais e a Economía Social. Así, de xeito integral, conseguiu analizar o sistema de gobernanza das confrarías. A súa co-xestión con Administracións públicas deixan constancia de que son entidades de natureza pública-privada, que se organizan de forma autónoma coa participación  dos seus membros. Nas súas conclusións dedúcese que, coas súas vantaxes e dificultades, son as entidades axeitadas para acadar a xestión sostible da pesca a pequena escala. 

“Creo que é importante avanzar no coñecemento sobre as diferentes formas que temos como sociedade de realizar unha actividade económica incorporando as limitacións medioambientais, e de como benefician ás persoas e ós territorios onde se desenvolven”.


Os pasos a seguir para elaborar unha tese EXTRAORDINARIA 

“Se fas a tese sen ter case ningunha experiencia previa traballando no mundo da investigación, como foi a meu caso, unha vez que te decides a facela, o primeiro e ler, ler e ler”.
 

Pero as confrarías non foron a primeira opción de Iria. Tomou a súa decisión despois de ler moito sobre o sector pesqueiro galego. A partir de aquí, a aprendizaxe é continua. “Por algún motivo facer unha tese é un proceso complexo”, di Iria, que durante os primeiros anos estivo investigando sobre os marcos teóricos e metodolóxicos que ía empregar para o seu estudo. Pero chegado o momento de aplicalos “tes medo de facer mal as cousas, estás limitada pola información dispoñible... Esa etapa intermedia é un pouco confusa”. 

Confesa que contou co apoio da familia, dos seus directores, Manuel Varela e María José Cabaleiro, e do departamento, sen embargo non é ata o momento de comezar a ver resultados que entendes mellor o proceso de investigación.
 

Pero para chegar a ser extraordinaria, unha tese ten que ter fortalezas. Analizar as confrarías como entidades de Economía Social é unha delas, polo novidoso do estudo. As súas estadías de investigación sobre organizacións pesqueiras de pequena escala en Portugal e Camboxa tamén son un aliciente importante. 
 
“A tese vai dirixida principalmente ó mundo académico, en concreto, pode interesar especialmente ós investigadores do ámbito mariño e ós actores do sector pequeiro de Galicia”.  

O premio e o futuro 

Iria sinte que este premio é un recoñecemento non só ó traballo, senón tamén á relevancia da temática que escolleu coa axuda dos seus directores. 
“A finalidade de toda investigación é contribuír a mellorar algún aspecto da sociedade, e ver que o teu estudo é recoñecido no ámbito académico e pode ser útil para avanzar cara unha forma diferente de desenvolvemento, aínda soamente sexa un pouquiño, iso é o extraordinario”.  

A investigadora pensa que as teses son traballos persoais e de moito esforzo, polo que calquera dos seus compañeiros podería ter conseguido este premio; pero di que era optimista, e que polo seus propios méritos, tiña moitas posibilidades de conseguilo. 
Creo que os premios axudan porque dan visibilidade á investigación e  academicamente sempre son un punto máis para ti e para o teu equipo. Pero que a xente se sinta orgullosa de ti e do teu traballo... creo que poucas cousas poden ser mellores”. 

Dentro dos proxectos da premiada está seguir afondando nas dinámicas da pesca a pequena escala en Galicia, pero tamén doutras comunidades e países, e así comparar os diferentes sistemas de xestión. Tamén se sinte atraída pola xestión doutros recursos do territorio galego como poden ser os montes. 
 

“O mundo da investigación en España non está a pasar pola seu mellor momento e creo que todos somos conscientes de que hai moitas cousas que cambiar, pero persoalmente sinto que, dentro das dificultades, estou nunha situación bastante privilexiada”,
conta, e que se sinte moi apoiada pola axuda do seu grupo de investigación e polo Centro. 
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.