Noticias

 A importancia da colaboración entre a sociedade e os organismos de investigación será o tema central dun encontro organizado no marco do convenio de colaboración no eido mariño entre o CIM, ECOBAS e FUNDAMAR
18-05-2021

A importancia da colaboración entre a sociedade e os organismos de investigación será o tema central dun encontro organizado no marco do convenio de colaboración no eido mariño entre o CIM, ECOBAS e FUNDAMAR

O vindeiro 27 de maio o CIM e ECOBAS, centros de investigación da Universidade de Vigo, xunto coa Fundación para la Pesca y el Marisqueo (FUNDAMAR) celebrarán o encontro ‘Investigación e innovación responsable no ecosistema de I+D+i de Galicia. Exemplo práctico no ámbito mariño’, que contará coa participación da Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; a Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio; o presidente de FUNDAMAR, Javier Touza; e a directora de CETMAR, Paloma Rueda.

O evento servirá para dar a coñecer o convenio asinado polas tres entidades, co obxectivo de promover a colaboración para a posta en marcha de proxectos e actividades conxuntas baseadas na necesidade de reducir a brecha entre a comunidade científica e todos os axentes sociais, dende a cidadanía ata a administración, pasando polo sector empresarial e industrial, e o tecido da economía social no ámbito mariño. Esta é a premisa sobre a que se asenta a denominada Investigación e Innovación Responsable (RRI polas súas siglas en inglés), concepto sobre o que afondarán Anxo Moreira, técnico de I+D da Oficina de Proxectos Internacionais da UVigo, e o investigador de ECOBAS, Mario Pansera, experto nesta temática que se ten incorporado recentemente a esa mesma entidade grazas a unha das prestixiosas axudas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).

O encontro poderase seguir en directo a partir das 12.30h e en aberto a través de UVigo TV a través do seguinte enlace, utilizando o contrasinal de acceso de estudantado: Pa2GvXmF .



 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.