Noticias

A palestra ‘A Ciencia ten nome de Muller’ abordou a cuestión de xénero
07-05-2021

A palestra ‘A Ciencia ten nome de Muller’ abordou a cuestión de xénero

Ao redor de 30 persoas asistiron de xeito presencial á palestra  que a agrupación estratéxica ECOBAS organizou este venres no Museo do Mar de Vigo titulada "A Ciencia ten nome de Muller". A afluencia, a pesar das restricións de aforo que obrigaban a levar unha inscrición previa, foi moi positiva, xa que tamén houbo unha gran concorrencia de xeito virtual.

O  coloquio contou coa presentación de Águeda Gómez, Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, e estivo moderado por Manuel Vicente, director de Efervesciencia.  Moitos oíntes deste programa da Radio Galega puideron seguir o  acto en directo a través de UVigo TV.

Foron cinco as investigadoras científicas das universidades galegas que participaron nesta mesa redonda. Coral del Río, María Loureiro e Rocío Rodríguez estiveron presentes no auditorio do Museo do Mar, mentres que Amaia Palencia e Emma Iglesias participaron de xeito remoto. Conversaron co público asistente da problemática das mulleres no ámbito científico e tamén da cuestión de xénero e de como a a muller se viu moito máis afectada que o home durante a pandemia. Os asistentes participaron activamente coas súas preguntas ao remate das intervencións, e foron gratamente soprendidos cunha pequena actuación do grupo musical High Paw, que interpretaron varios temas para pechar o acto. 

Con este evento, ECOBAS quixo achegar á sociedade algún dos proxectos que están a levar a cabo sobre cuestión de xénero. "Este tema é transversal e está presente dalgún xeito en todos os eidos científicos, e estanse a desenvolver  liñas de investigación específicas sobre a (des)igualdade". 

 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.