Misión, visión e valores

VISIÓN

    Aspiramos a ser un referente internacional nas próximas décadas no desenvolvemento de novos paradigmas e metodoloxías para o estudo da sustentabilidade económica, social e ambiental, achegando coñecemento especializado e rupturista para a toma de decisións e a xestión dos grandes desafíos da nosa sociedade.

MISIÓN

    ECOBAS ten a misión de ser un centro de investigación de excelencia e vertebrador da I+D+i a través da xeración de coñecemento e o desenvolvemento de solucións orientadas a dar resposta aos grandes retos e desafíos da sociedade, na súa dimensión económica, social e ambiental, mediante umha investigación de excelencia e de fronteira, a colaboración interdisciplinar, a formación innovadora e as alianzas estratéxicas.

VALORES

Os valores de ECOBAS están aliñados cos principais mandatos e tratados internacionais, como son o European Charter for Researchers, os principios da Investigación e a Innovación Responsable (RRI), ou os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostenible (ODS):

  • Excelencia: o obxectivo de ECOBAS é alcanzar a máxima excelencia en todas as súas actuacións, contando para iso con sistemas de selección, supervisión e avaliación que garanten a máxima calidade, tanto no referido aos recursos humanos que integran o Centro, como ás actividades e prácticas que se desenvolven nel.
  • Independencia académica dos membros que conforman o Centro de Investigación, que gozan de total liberdade para elixir as súas liñas de investigación, innovación e transferencia de coñecemento, e para tomar as súas propias decisións á hora de establecer as alianzas estratéxicas que consideren oportunas para levalas a cabo, sempre baixo principios éticos, de responsabilidade profesional, e de boas prácticas.
  • Colaboración e interdisciplinaridade: o Centro poñerá en práctica programas e accións que contribúan a fomentar a colaboración dos seus membros, tanto entre eles como con outros profesionais do campo que non formen parte do Centro, con outros centros de investigación de distintos ámbitos científicos, con entidades como administracións ou empresas, e coa sociedade en xeral.
  • Ética, transparencia e bo goberno: ECOBAS ten o firme compromiso de actuar en todo momento de forma ética e transparente, fomentando a comunicación das súas actuacións, tanto interna como externamente, informando de todas elas, e actuando baixo os máis altos estándares de calidade no referente aos protocolos e á gobernanza.
  • Igualdade: o Centro ten un amplo compromiso cos valores de igualdade de oportunidades, igualdade de trato e non discriminación por razóns de xénero, idade, condición social, relixión ou calquera outra. Fomentaranse as prácticas que axuden a reducir estas desigualdades, tanto no seo da organización como no conxunto da sociedade.
  • Ciencia por e para a sociedade: ECOBAS promoverá a participación de todos os actores sociais (administración, empresa, tecido asociativo, cidadanía…), para garantir que as actividades desenvolvidas respondan ós problemas e necesidades reais da sociedade, fomentando a utilización de metodoloxías inclusivas e participativas en todas as etapas do proceso de investigación e innovación.
  • Alineamiento cos grandes retos globais: as liñas estratéxicas de ECOBAS no referente a investigación, innovación, transferencia de coñecemento e formación terán en conta as necesidades e recomendacións recollidas nos pactos rexionais (como as Estratexias de Especialización Intelixentes RIS3 y RIS3T), nacionais (como a Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía, EECTI) e internacionais (como as prioridades da Unión Europea no novo período de financiamento 2021-2027, e os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostenible).
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.