A Axenda de investigación de ECOBAS está aliñada cos grandes retos globais aos que ten que facer fronte a sociedade, particularmente aqueles relacionados co cambio climático, a descarbonización, protección da biodiversidade, a inclusión, o envellecemento, a desigualdade, a resiliencia económica etc., desde o enfoque e as achegas das ciencias sociais e en particular das disciplinas da Economía e a Empresa.
Esta Axenda presenta liñas de investigación consolidadas, que contan cunha longa traxectoria detrás soportada por proxectos, contratos e convenios, así como publicacións de alto impacto, pero tamén recolle liñas de investigación de carácter emerxente e relacionadas coas novas prioridades de I+D+i que xorden no marco europeo, ou con outros temas máis situados na fronteira do coñecemento que se van a soster e desenvolver coa incorporación de novos/a investigadores/ as a ECOBAS.