Obxectivos

1. Exercer un liderado científico no estudo da sustentabilidade a través da diferenciación, a especialización e a investigación de fronteira.

ECOBAS aspira a contribuír ao avance científico do coñecemento e a converterse nun centro de recoñecido prestixio internacional a través da promoción dunha investigación de calidade e a excelencia científica.

2. Captación e potenciación do talento investigador con capacidade de liderado científico.

Para poder establecer un horizonte temporal a longo prazo e un crecemento sostible do Centro é necesario asegurar a substitución xeracional e apoiar o desenvolvemento da próxima xeración de investigadores/as líderes de ECOBAS. Por outra banda, o talento atrae ao talento debe ser unha máxima para aplicar no desenvolvemento da actividade e o establecemento das estratexias de recursos humanos de ECOBAS, de maneira que a incorporación e promoción de persoal investigador de excelencia e prestixio sirva como reclamo para incorporar talento novo.

3. Fomentar e potenciar a formación de calidade e a súa internacionalización.

A capacidade formativa é unha peza fundamental na engrenaxe dun Centro de Investigación como o que aspira a ser ECOBAS, polo que resulta moi importante dedicar esforzos a mellorar os plans docentes e de posgrao, poñer en marcha novas formacións capaces de dar resposta ás necesidades e demandas que xurdan e mellorar as alianzas con centros formativos internacionais de referencia.

4. Promover unha maior visibilidade, posicionamento e recoñecemento internacional.

O posicionamento de ECOBAS a nivel internacional no referente a investigación, innovación e docencia, así como o establecemento de alianzas estratéxicas con centros de marcado prestixio internacional, serán aspectos clave a ter en conta no desenvolvemento do plan de acción do Centro, implementándose accións específicas con esta fin, pero tamén tendo sempre en consideración este aspecto de maneira transversal ao establecer accións destinadas á consecución doutros obxectivos.

5. Acadar un maior impacto e proxección económica e social.

ECOBAS proponse producir coñecemento e dar solucións aos problemas e necesidades da sociedade, desenvolvendo unha investigación aliñada coas prioridades da contorna e as principais axendas autonómicas, nacionais e europeas, validando esas prioridades e retos de investigación cos axentes socioeconómicos, divulgando e promovendo a actividade do Centro e despregando unha política de ciencia aberta (open science) que incorpore mecanismos de inclusión e participación da cidadanía.

6. Posicionar a ECOBAS como centro de referencia en sustentabilidade

ECOBAS converterase nunha marca recoñecida e reconocible, non só a nivel autonómico senón tamén estatal e internacional, na medida que as prioridades de investigación e o obxecto de estudo do centro son de carácter global. O centro posicionarase no ámbito da investigación, a docencia e a innovación no campo das ciencias sociais, ata convertelo na primeira opción na procura e desenvolvemento de solucións en temas relativos á sustentabilidade económica, social e ambiental.

 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.