Noticias

ECOBAS apraza tódolos eventos programados para os próximos días
17-03-2020

ECOBAS apraza tódolos eventos programados para os próximos días

Ante a situación derivada da aparición e evolución do coronavirus COVID-19  e a declaración de estado de alarma polo Goberno, o reitor da Universidade de Vigo adoptou diferentes medidas, entre elas atópase o peche temporal das instalacións e centros e a realización por parte do persoal de traballo non presencial, na medida do posible.

Como consecuencia, a agrupación estratéxica ECOBAS vese na obriga de adiar tódolos eventos programados para os próximos días, entre os que se atopaban:


Inicialmente, á espera de novos cambios, a actividade retomarase o día 29 de marzo e a partir de entón irase informando das novas datas de celebración de tódalas actividades.

Pola súa parte, o equipo de xestión de ECOBAS seguirá prestando os seus servizos, sempre que sexa posible, a través do teletraballo. Poden contactar coa agrupación empregando os diferentes medios telemáticos.

Seguiremos informando dos avances na situación, moitas gracias pola súa colaboración e moito ánimo.

Información actualizada da Universidade de Vigo
 SUSCRÍBETE A ECOBAS