Noticias

Un blog da London School of Economics recolle na súa portada un artigo publicado por investigadores de ECOBAS
03-12-2019

Un blog da London School of Economics recolle na súa portada un artigo publicado por investigadores de ECOBAS

O LSE Business Review, blog editado por unha das mellores universidades do mundo en ciencias sociais, a London School of Economics (LSE), dedicou a súa portada a pasada semana ó artigo From Efficiency-Driven to Low-Carbon Operations Management: Implications for Labor Productivity, publicado na revista Journal of Operations Management por Antonio Sartal, Miguel Rodríguez Méndez e Xosé H. Vázquez, investigadores de ECOBAS.

Neste artigo os autores sinalan que as iniciativas de descarbonización de procesos, moi necesarias na loita contra o cambio climático, e cun importante impacto positivo en moitos aspectos, conlevan certos efectos negativos no referido ó rendemento laboral, que os responsables das empresas industriais deben ter en conta e asumir ó emprender os seus proxectos de descarbonización.

A publicación do estudo nun medio con tanta repercusión coma o blog da LSE non fai senón confirmar a gran calidade esta investigación que, por outra parte, xa era evidente ó ter sido publicada nunha revista coma Journal of Operations Management, que ocupa a primeira posición do ranking do Journals Citation Reports (JCR) na categoría ‘Operations research & Management Science’.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS