Noticias

A Sexta edición do Pont-Up Store abre as súas portas
20-09-2019

A Sexta edición do Pont-Up Store abre as súas portas

O principal encontro de emprendemento de Galicia, o Pont-Up Store, inaugurou oficialmente a súa sexta edición esta mañá na Praza de España de Pontevedra. O seu organizador, Pedro Figueroa, coordinador do grupo G4 Plus, deu o pistoletazo de saída a este importante evento, acompañado de representantes das diversas organizacións que lle brindan o seu apoio, entre as que se atopan o Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Deputación de Pontevedra, e ECOBAS, entre outras.

Todos os relatores coincidiron ó salientar a importancia deste tipo de iniciativas, e o aumento do éxito do Pont-Up Store ano tras ano, como constatan as 168 candidaturas recibidas. Destaca ademais nesta edición, coma factor común á maioría das propostas seleccionadas (o 66% delas lideradas por mulleres) a forte vinculación do seu núcleo de negocio coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS