Noticias

A Universidade de Vigo, impulsada por membros de ECOBAS, entidade adherida á  Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social
21-10-2016

A Universidade de Vigo, impulsada por membros de ECOBAS, entidade adherida á Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social

A Universidade de Vigo, impulsada por membros de ECOBAS, entidade adherida á  Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social. O pasado 6 de setembro asinouse o acordo entre a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para súa adhesión á Rede EUSUMO. A adhesión, impulsada por María José Cabaleiro Casal e por Carlos Iglesias Malvido,  investigadores da Agrupación Estratéxica ECOBAS, ten por obxecto avanzar nos lazos de colaboración entre a Unversidade e as entidades que conforman EUSUMO.

EUSUMO é unha Rede de colaboración creada no ano 2012 para o fomento do espírito emprendedor mediante o apoio directo á consolidación de emprego con base na Economía Social. A rede está integrada polas Administracións Públicas e outras entidades galegas coma Sociedades Cooperativas, Fundacións e entidades sen ánimo de lucro, entre outras.

Esta Rede está  cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Os seus obxectivos fundamentais son informar, formar, orientar e asesorar proxectos cooperativos e de Economía Social, apoiar a comercialización e internacionalización das cooperativas, así como analizar e estudar o ecosistema que afecta a este tipo de entidades. Deste xeito, as entidades adheridas á Rede vense beneficiadas ó compartir esforzos para acadar unha maior rentabilidade dos recursos, coma medios técnicos, promoción e difusión, espazos web de apoio ó emprendemento, etc.


Este convenio de colaboración contribuirá a potenciar os traballos dos actuais grupos de investigación da Universidade de Vigo en materia de Economía Social, así como a fomentar a transferencia dos seus resultados de investigación para o conxunto da sociedade.

Podes consultar toda a información sobre a Rede EUSUMO aquí.

Novas relacionadas:
Economía en Galicia - 
Miembros de ECOBAS impulsan la adhesión de la Universidad de Vigo a la Rede Eusumo
DUVI - Ecobas adhírese á Rede Ensumo para o fomento do cooperativismo e a economía social