Noticias

O ‘Workshop on Dynamic Macroeconomics’, a piques de cumprir un carto de século
12-07-2019

O ‘Workshop on Dynamic Macroeconomics’, a piques de cumprir un carto de século

Esta semana celebrouse no Pazo de Soutomaior, coma cada ano, a XXIV edición do Workshop on Dynamic Macroeconomics, organizado polo grupo RGEAF e o Laboratory of Aggregate Economics and Finance (LAEF), dirixido polo Profesor Finn Kydland, Premio Nobel en Economía, e patrocinado por ECOBAS. 

Dende o pasado martes ata onte, o Pazo foi testemuña da presentación de diversos traballos de investigación en macroeconomía por parte de investigadores e investigadoras noveles e senior procedentes de distintos centros, coma a Universidade de Minnesota, nos Estados Unidos, a Universidade de Oxford, no Reino Unido, ou a Universidade Carlos III de Madrid. 

O vindeiro ano terá lugar a vixésimo quinta edición deste importante evento, polo que teñen pasado algunhas das personalidades máis importantes do ámbito da investigación en macroeconomía.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS