Noticias

ECOBAS promove a participación da comunidade universitaria en Proxectos de Cooperación Europea
18-10-2016

ECOBAS promove a participación da comunidade universitaria en Proxectos de Cooperación Europea

O pasado xoves día 13 de Outubro celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo a Xornada de Capacitación sobre Proxectos de Cooperación Europea. O evento, que tivo lugar ó longo de todo o día, estivo organizado por ECOBAS e foi impartido pola consultora ECONET.  

A actividade serviu para que os asistentes puidesen coñecer e profundar sobre tres programas específicos de financiación da Comisión Europea: SUDOE, Espazo Atlántico e POCTEP. Estes programas ofrecen soporte económico a proxectos colaborativos nos que participan algunhas rexións concretas dentro da Unión Europea, entre elas Galicia, polo que constitúen unha boa oportunidade para distintos organismos, tanto públicos coma privados, á hora de obter fondos para levar a cabo diversas actuacións.  

Accións formativas coma esta son clave á hora de mellorar as capacidades e competencias dos asistentes, e é por iso que ECOBAS, en liña coa súa estratexia proactiva, participa activamente na organización destes eventos, de elevado interese para a comunidade investigadora.