Noticias

A Universidade de Vigo, líder nacional en termos de presencia feminina no ámbito da investigación en economía
06-06-2019

A Universidade de Vigo, líder nacional en termos de presencia feminina no ámbito da investigación en economía

O traballo “Women in European economics”, publicado por Emmanuelle Auriol, Guido Friebel y Sacha Wilhelm, sobre a presenza de mulleres nos centros de investigación en economía máis prestixiosos de Europa, sitúa á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FCCEE) da Universidade de Vigo á cabeza, tanto a nivel nacional coma europeo.

O estudo está realizado no marco dun proxecto auspiciado polo comité Women in Economics - WinE Committee - (WinE), da European Economic Association (EEA), e toma coma mostra do estudo as 300 mellores institucións do ranking elaborado por RePEc. A finalidade deste traballo é, por un lado, cuantificar o peso das mulleres economistas nos principais centros de investigación en Economía de Europa, e por outro, analizar se existen indicios dunha menos presenza de mulleres nos centros máis prestixiosos e nos postos máis elevados. O traballo conclúe que, efectivamente, isto está a suceder: a presenza de mulleres nese tipo de centros é menor, existindo diferenzas acusadas entre países e entre organizacións, e un importante desequilibrio en sentido negativo para o colectivo feminino nos postos máis altos, coma o de cátedra e equivalente.

Sen embargo, no caso da Universidade de Vigo a situación é diferente. A FCCEE da UVigo conta cun 48% de mulleres investigadoras, o que a sitúa entre as dúas primeiras institucións a nivel nacional, xunto coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do País Vasco, en termos de presenza feminina no seu equipo académico, e no posto número 20 a nivel europeo. Estes datos son certamente salientables, e máis aínda se os comparamos cos das organizacións máis prestixiosas do ámbito, coma a  London School of Economics, na que a porcentaxe non chega ó 25%, ou o Banco Central Europeo, no que apenas se supera o 15%.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS