Noticias

O investigador Rafael Vallejo participará nun seminario sobre historia do turismo organizado pola Universidade Católica do Sagrado Corazón (Brescia, Italia)
22-03-2019

O investigador Rafael Vallejo participará nun seminario sobre historia do turismo organizado pola Universidade Católica do Sagrado Corazón (Brescia, Italia)

O vindeiro xoves 28 de marzo o departamento de Ciencias Históricas e Filolóxicas da Universidade Católica do Sagrado Corazón, en Brescia, organiza o seminario Tourism 4.0: Europe between Historiography and Research Frontiers. Neste evento participará o investigador Rafael Vallejo, pertencente ó grupo ECOSOT de ECOBAS, que presentará a ponencia titulada Un país turístico emergente? El turismo moderno en España, 1900-1939: planteamiento metodológico e indicadores.

Xunto a el intervirán diversos historiadores e especialistas internacionais coma Franco Cerini, Cédric Humair, Jan Chiarelli, Andrea Zanini, Ivan Paris, Luciano Maffi, Martino Lorenzo Fagnani e Maria Paola Pasini.