Noticias

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ‘Elabora o teu Plan de Empresa Cooperativo’
11-03-2019

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ‘Elabora o teu Plan de Empresa Cooperativo’

O vindeiro mes celebrarase o segundo dos obradoiros organizados por EspazoCoop, coa colaboración de ECOBAS, sobre emprendemento cooperativo. Esta segunda actividade, co título Elabora o teu Plan de Empresa Cooperativo, terá lugar do 9 ó 12 de abril. O obxectivo é ensinar ós alumnos as condicións e trámites precisos para poñer en marcha unha empresa cooperativa de forma viable.

O prazo de inscrición xa está aberto. Pódese consultar toda a información dispoñible no seguinte enlace.