Noticias

Nova edición dos obradoiros de emprendemento cooperativo organizados por EspazoCoop coa colaboración de ECOBAS
07-01-2019

Nova edición dos obradoiros de emprendemento cooperativo organizados por EspazoCoop coa colaboración de ECOBAS

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá de novo a celebración dun ciclo de obradoiros de emprendemento no marco da Rede EUSUMO.

Estas actividades están organizadas pola unión de cooperativas EspazoCoop, coa colaboración de ECOBAS, e para este ano hai programadas xa tres modalidades formativas: Formación cooperativa para persoas que queren emprender, do 29 de xaneiro ó 1 de febreiro; Plan de Empresa Cooperativa, do 9 ó 12 de abril; e Contabilidade Cooperativa, do 16 ó 19 de xullo.