Noticias

O novo Informe ARDÁN inclúe un indicador de igualdade de xénero baseado nun estudo levado a cabo por investigadoras de ECOBAS
25-10-2018

O novo Informe ARDÁN inclúe un indicador de igualdade de xénero baseado nun estudo levado a cabo por investigadoras de ECOBAS

O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, anunciou durante a celebración o pasado martes do Congreso de Empresarias de Galicia, a inclusión no próximo informe ARDÁN dun indicador sobre a igualdade de xénero nas empresas.

Este indicador é o resultado dun estudo levado a cabo por investigadoras de ECOBAS, e ten en conta tres dimensións dentro de cada empresa: a “igualdade por funcións”, a “igualdade por retribucións” e o “establecemento de políticas ou actuacións en pro da equidade de xénero”. O informe revela grandes desigualdades nas entidades enquisadas, sendo especialmente impactante a brecha que reflicte a distribución por tramos salariais, reducíndose a representación feminina a medida que a retribución aumenta, ata chegar a ser de só o 13% entre o grupo de salario superior a 45.000
€.


Ademais destes indicadores de igualdade, outra das novidades do próximo Informe ARDÁN é a incorporación dun estudo sobre economía circular, un tema que está a gañar cada vez máis protagonismo, e que tamén ten sido realizado por investigadores de ECOBAS.