Noticias

Comeza unha nova edición do Pont Up Store
20-09-2018

Comeza unha nova edición do Pont Up Store

Pontevedra acolle un ano máis o Pont Up Store, un evento enmarcado no Campus Crea e organizado polo grupo G4 Plus de ECOBAS, que se ten convertido xa nun referente do emprendemento en Galicia, e que vai pola súa quinta edición.

Dende hoxe ata o sábado danse cita na cidade os diferentes entes relacionados co emprendemento galego: novos emprendedores e profesionais, empresas, institucións, inversores, estudantes e calquera persoa que se queira achegar a desfrutar das actividades propostas.

Esta edición ven cargada de novidades, xa que ademais das modalidades de participación habituais coma son os stands, as demostracións e o Puntazo Express, ofrécense moitas outras actividades paralelas, coma workshops de Google, charlas inspiracionais, talleres prácticos sobre diversos temas, torneos de videoxogos, demostracións e ata unha xincana. Tamén se poderá visitar una mostra especial organizada con motivo da celebración do quinto aniversario do Pont Up Store que recolle os materiais promocionais das anteriores edicións, así coma diferentes contidos audiovisuais.

Pódese consultar o programa completo do evento no seguinte enlace.