Noticias

O ‘Workshop RGEA 2018’ marca o inicio do ciclo de seminarios do curso 2018/19
04-09-2018

O ‘Workshop RGEA 2018’ marca o inicio do ciclo de seminarios do curso 2018/19

Ó longo do día de hoxe terá lugar a celebración do Workshop RGEA 2018, unha sesión de seminarios que contará coa participación e asistencia de investigadores pertencentes a nove universidades internacionais. O evento, organizado polo grupo RGEA e ECOBAS, está coordinado polo profesor Carlos Hervés, investigador principal de ambas organizacións.

Na sesión da mañá impartirán as súas ponencias Alberto Iozzi e Mariangela Zoli, investigadores da Universidade de Roma ‘Tor Vergata’; Vincenzo Scalzo e Achille Basile, da Universidade Federico II de Nápoles; Nizar Allouch, da Universidade de Kent e Joao Correia, da Universidade do Porto. Pola tarde farán o propio Chiara Donnini, da Universidade Parthenope de Nápoles; Marta Kornafel, da Universidade de Krakovia; Juan Pablo Rincón, da Universidade Carlos III de Madrid; e Gonçalo Faria, da Universidade Católica de Portugal.

Con este Workshop ponse en marcha o ciclo de seminarios correspondente ó curso 2018/19, agardándose acadar unha participación aínda maior á do curso pasado, no que pasaron pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais case 50 investigadores nacionais e internacionais.