Noticias

O ‘Workshop on Dynamic Macroeconomics’ celebrou a súa 23ª edición
13-07-2018

O ‘Workshop on Dynamic Macroeconomics’ celebrou a súa 23ª edición

Onte tivo lugar a clausura do XXIII Workshop on Dynamic Macroeconomics, organizado polo grupo RGEA (Research Group in Economic Analysis) da Universidade de Vigo e polo LAEF (Laboratory of Aggregate Economics and Finance), da Universidade de California. O evento, coordinado polo investigador Jaime Alonso, celebrouse un ano máis no Pazo de Soutomaior e, ó igual que nas dúas anteriores edicións, estivo co-patrocinado por ECOBAS.

Durante tres días, investigadores predoutorais e sénior procedentes de diferentes universidades e países presentaron os seus traballos sobre distintos aspectos da teoría macroeconómica, cun especial énfase nesta ocasión en temas fiscais, monetarios e do mercado de traballo.

Este Workshop leva máis de dúas décadas celebrándose, e conta en cada edición coa presenza de investigadores de recoñecido prestixio internacional, entre os que destaca o premio Nobel de Economía no ano 2004, Finn Kydland, director do LAEF da Universidade de California e co-organizador do evento.