Noticias

O investigador predoutoral Bozidar Vlacic, galardoado no 3º Congreso Internacional de Clusters e Distritos Industriais
31-05-2018

O investigador predoutoral Bozidar Vlacic, galardoado no 3º Congreso Internacional de Clusters e Distritos Industriais

O investigador Bozidar Vlacic participou a pasada semana na terceira edición do Congreso Internacional de Clusters e Distritos Industriais, celebrada en Valencia, onde presentou a súa proposta de tese. A súa exposición, titulada “The role of managerial cognitive reasoning on the internationalization decision-making of small ventures”, recibiu o Premio Torrecid á Mellor Comunicación Doutoral 2018.

O galardón serve de recoñecemento ó traballo realizado durante os últimos anos por este investigador, pertencente ó Programa de Doutoramento Interunivesitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial, que defenderá proximamente a súa tese doutoral, dirixida polo investigador de ECOBAS Miguel González Loureiro.