Noticias

ECOBAS vai de Congresos
22-06-2016

ECOBAS vai de Congresos

Da comezo o verán pero en ECOBAS a actividade non se detén, xa que o final deste mes de xuño chega acompañado de importantes citas científicas.

Esta semana estase a celebrar no Castillo de Soutomaior o XXI Workshop on Dynamic Economics, organizado polo grupo RGEA, e o xoves 23 terá lugar o Taller Doutoral “Produtos e procesos na publicación de traballos para revistas top de management”, impartido por Lucio Fuentelsaz y Juan P. Maícas, da Universidad de Zaragoza.


Para a vindeira semana temos programados os días 26, 27 e 28 na sede de Afundación en Vigo o XXVI Congreso ACEDE (Asociación Científica de Economía y Dirección de la Empresa) e o 27 e 28 en A Toxa o 7th Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics, ambos eventos co-organizados por ECOBAS, e que contarán coa presenza de importantes investigadores do ámbito nacional e internacional.


Consulta máis información nos enlaces e nos documentos adxuntos.


DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

XIII Workshop on Dynamic Macroecomics_program.pdf
2016-06-23, Taller ECOBAS publicacion en revistas.pdf
Programa Congreso ACEDE 2016.pdf
Programa 7th Atlantic Workshop.pdf