Noticias

Investigadores de ECOBAS imparten seminarios nos Campus de Salamanca, A Coruña e Ourense
16-06-2016

Investigadores de ECOBAS imparten seminarios nos Campus de Salamanca, A Coruña e Ourense

A pasada semana tres investigadores de ECOBAS foron invitados polas facultades de tres universidades nacionais para impartir seminarios sobre diversos temas.

Hugo del Valle-Inclán, investigador predoutoral, presentou o mércores na Facultade de Economía da Universidad de Salamanca o seu proxecto de investigación titulado “Desigualdad económica, inclusividad y eficiencia”, no que propón un estudo do efecto da desigualdade de renta e riqueza sobre o crecemento económico en contextos específicos.


O xoves foi o turno de Stéphane Bouché, investigador posdoutoral que forma parte do equipo de ECOBAS dende maio, quen se desplazou ata a Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña para impartir o seminario “Learning by doing, endogenous discounting and economic development”, englobado dentro dos Cursos Específicos na Fronteira da Investigación do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial.

Por último, Klarizze Anne Martin Puzón, investigadora da Swedish University of Agricultural Sciences e Visiting Fellow de ECOBAS, presentou o venres na Facultade de Ciencias Empresariais e do Turismo do Campus de Ourense o traballo “Natural resource abundance and participatory governance in the commons: a behavioural experiment” no que propón un modelo teórico e un experimento no que o obxectivo é coñecer se a abundancia dun recurso natural incrementa a competición entre individuos e se as democracias mitigan tal competición.


Podes ampliar a información sobre cada un dos seminarios nos seguintes enlaces:

Seminario de Hugo del Valle-Inclán
Seminario de Stéphane Bouché
Seminario de Klarizze Anne M. Puzón