Noticias

Presentación do número especial da revista ‘Energy Economics’ cunha selección dos contidos da pasada edición do ‘Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics’
09-02-2018

Presentación do número especial da revista ‘Energy Economics’ cunha selección dos contidos da pasada edición do ‘Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics’

O 15 de febreiro celébrase na Fundación Areces de Madrid o Workshop Académico ‘2017 Developments in Energy Economics, organizado por Economics for Energy e a Asociación Española para la Economía Energética (AEEE), dedicado á análise e discusión de temas avanzados de investigación en economía enerxética e ambiental.

Ademais das tres presentacións e discusións que levarán a cabo importantes académicos españois e internacionais, o evento será o escenario de presentación dun número especial da revista Energy Economics, que se atopa entre as 25 de maior impacto no ámbito da economía segundo o JCR. Este número está editado polos investigadores de ECOBAS, Xavier Labandeira e Carlos de Miguel, e contén unha selección dos traballos presentados no 7th Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics, celebrado no ano 2016.