Noticias

Aberto o prazo de envío de artigos para a octava edición do ‘Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics’
17-01-2018

Aberto o prazo de envío de artigos para a octava edición do ‘Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics’

Os días 21 e 22 de xuño terá lugar na illa de A Toxa o 8th Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics (AWEEE). Este congreso, de periodicidade bienal, está organizado por Economics for Energy coa colaboración do Centre for Energy Policy and Economics (ETH Zurich) e a Universidade de Münster (Alemania), e dende a súa pasada edición, celebrada en xuño de 2016, conta co apoio de ECOBAS. O evento é un referente no ámbito da economía da enerxía e o medio ambiente, atraendo a importantes investigadores de todo o mundo.  

O prazo de envío de artigos atópase aberto e os traballos, que deberán presentar investigacións sobre economía enerxética e/ou ambiental tanto dende un enfoque teórico coma aplicado, poderán enviarse ata o 22 de abril.  

Para consultar as condicións detalladas do envío de artigos, así coma toda a información dispoñible sobre este encontro, visita a páxina web do evento


DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

Call for papers_8th AWEEE.pdf