Noticias

Preséntase a Terceira edición do Pont-Up Store
10-06-2016

Preséntase a Terceira edición do Pont-Up Store

O pasado 1 de xuño tivo lugar a presentación do Pont-Up Store 2016, dirixido polo investigador de ECOBAS Pedro Figueroa. Esta terceira edición celebrarase o vindeiro mes de setembro en Pontevedra e busca converter a esta cidade na capital do emprendemento creativo.

No acto estiveron presentes os representantes das organizacións patrocinadoras, entre os que se atopaba o catedrático Carlos Hervés, coordinador de ECOBAS, e contou tamén coa presenza do Alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

O Pont-Up Store ten como obxectivo servir como plataforma de lanzamento a novos e novas emprendedores no comezo da súa traxectoria empresarial e contribuir a aumentar a cultura emprendedora entre a sociedade. Haberá tres modalidades de participación, todas elas gratuitas, que permitirán ós solicitantes ocupar un dos 36 postos reservados na carpa do evento, organizar actividades dentro do programa ou participar no “Puntazo Express”, novidade desta edición, que dará aos dez candidatos seleccionados a oportunidade de explicar o seu proxecto en cinco minutos a importantes empresas e entidades galegas. O prazo de solicitude para as dúas primeiras modalidades pecha o 30 de xuño e para a terceira estará aberto do 1 ao 15 de setembro.


Consulta máis información nos seguintes enlaces:
Pont-Up Store 2016
Noticia do DUVI
Noticia de La Voz de Galicia