13-11-2017
ECOBAS e Campus do Mar dan comezo a un ciclo conxunto de seminarios de investigación relacionados coa pesca
Un dos piares fundamentais de
ECOBAS é o da divulgación do coñecemento, e con este motivo se une a Campus do Mar para dar comezo a un ciclo de
seminarios cunha temática común, a pesca e o ámbito mariño, que se afrontará dende o punto de vista de distintas disciplinas, coma a economía ou a xestión
ecolóxica e ambiental.
A iniciativa está encabezada por Elena Ojea, investigadora do Campus do Mar e posuidora dunha Starting
Grant do European Research Council, e diversos investigadores dos
grupos ECOSOT e ERENEA de ECOBAS. Os seminarios celebraranse na Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais do Campus de Vigo como mínimo unha vez ó mes, e as
presentacións terán unha duración de 30 minutos, seguidos dun tempo de
discusión. Estes seminarios correrán a cargo de investigadores de diferentes
ámbitos e con distinto grao de experiencia, dende estudantes de doutoramento,
ós que se anima de xeito especial a participar para dar a coñecer os seus
traballos, ata investigadores sénior de recoñecido prestixio.
A actividade está dirixida a
estudantes, profesores, investigadores e calquera outro perfil interesado na
temática, tanto pertencentes á Universidade de Vigo coma a outras institucións,
e se inaugura este xoves 16 de novembro coa intervención de Eduardo
Sánchez.
O anuncio destes seminarios
farase dende as plataformas de Campus do Mar e ECOBAS. Pódeste subscribir
á nosa lista de distribución no seguinte
enlace se queres recibir as alertas.
DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:
Interdisciplinary fisheries Seminars (Info).pdf