Noticias

Aberto o prazo de inscrición para o curso “Programación de Experimentos con Z-Tree”
02-06-2016

Aberto o prazo de inscrición para o curso “Programación de Experimentos con Z-Tree”

Os próximos días 21 e 22 de xuño terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense o curso “Programación de Experimentos con Z-Tree”, co-organizado por ECOBAS.

O curso estará impartido pola profesora María J. Expósito, da Universidade Pablo Olavide de Sevilla, e nel os participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos para o desenrolo e programación dun experimento nun laboratorio experimental empregando o software Z-Tree.

O curso terá lugar na Aula 1.E do centro e o horario será de 15.00 a 20.00. Os interesados en rexistrarse na actividade poden facelo enviando un correo electrónico a marcos.alvarez@uvigo.es.

Máis información no documento adxunto e nos seguintes enlaces: 
Noticia DUVI
Seminarios e cursos da FCETOU





DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

Programa_CURSO Experimentos con z-tree.pdf