Noticias

A delegación de Cambodja do proxecto DOCKSIDE visita a Universidade de Vigo
20-09-2017

A delegación de Cambodja do proxecto DOCKSIDE visita a Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo colaborará con Cambodja, no marco do proxecto DOCKSIDE, na posta en marcha de programas de doutoramento relacionados coa xestión do mar e os recursos mariños.

O proxecto 
 DOCKSIDE (DOCtoral Program in Khmer Universities Strengthening the International Development of Environmental and Maritime Research), cofinanciado polo programa Erasmus+ da Comisión Europea, está liderado pola Universidade de Nantes (Francia) e nel participan diversas organizacións e administracións de Cambodja e as Universidades de Syddansk (Dinamarca) e de Vigo, na que forma parte do equipo do proxecto o investigador do grupo ERENEA, Manuel Varela.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar a colaboración dentro da investigación no ámbito marítimo e medioambiental entre diversas universidades cambodjanas, contando co apoio do Ministerio de Educación, Xuventude e Deporte de dito país. A Universidade de Vigo, debido á súa ampla experiencia tanto no ámbito científico coma no económico e xurídico, será a encargada de guiar a ó país asiático na posta en marcha de programas de doutoramento do ámbito mariño. Unha delegación do nodo cambodjano se atopa dende o pasado sábado visitando as distintas instalacións da Universidade e coñecendo ó persoal do proxecto. Mañá xoves terá lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas unha xornada sobre os estudos de posgrao e a transferenza no ámbito obxecto do proxecto (economía, xestión, aspectos xurídicos, gobernanza…, no medio mariño) na que intervirá en representación de ECOBAS o seu coordinador, o profesor Carlos Hervés.