Noticias

Comeza o curso para o cooperativismo e a economía social da man de Espazo Coop e ECOBAS
18-09-2017

Comeza o curso para o cooperativismo e a economía social da man de Espazo Coop e ECOBAS

ECOBAS ven participando dende fai meses, no marco da Rede EUSUMO, nunha serie de accións formativas e divulgativas sobre cooperativismo e economía social.

Co comezo do novo curso académico retómanse tamén estas actividades, impulsadas por Espazo Coop, dando comezo co obradoiro “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”, que se celebra na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Lagoas-Marcosende do 19 ó 22 de setembro, cunha duración total de 20 horas.

Ademais, o día 28 deste mes haberá unha xornada de 4 horas titulada “Novas realidades do cooperativismo e da economía social” destinada a dar a coñecer as novas fórmulas e tendencias da economía cooperativa xurdidas en resposta ás necesidades derivadas da sociedade actual.