Noticias

Preséntase en Pontevedra a nova edición do Pont Up Store
31-05-2017

Preséntase en Pontevedra a nova edición do Pont Up Store

Do 21 ó 23 de setembro terá lugar en Pontevedra a celebración da cuarta edición do Pont Up Store, unha iniciativa orientada ó apoio da cultura emprendedora na sociedade organizada polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e dirixida por Pedro F. Figueroa, investigador principal do grupo G4_Plus de ECOBAS.  

A presentación oficial do evento tivo lugar na mañá de onte, e a ela asistiron representantes dos organismos patrocinadores e colaboradores, coma a Concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o Deputado Provincial de Economía, Carlos López Font; o Vicerreitor do Campus CREA, Juan Manuel Corbacho; e os delegados doutras entidades que dan apoio a esta iniciativa, coma é o caso de ECOBAS.  

Ó igual que en anteriores edicións, os emprendedores interesados en participar poderano facer enviando a súa candidatura para calquera das tres modalidades de participación que se ofertan, que son a colocación dun stand comercial, a organización de actividades durante a celebración do evento ou a modalidade Puntazo Express, que consiste nunha breve exposición da idea ou proxecto ante 
5 representantes de entidades/empresas galegas de renome.
 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 9 de xullo. Podes atopar máis información no seguinte enlace.
 


Enclaces de interese:  

El Pont-Up Store 2017 intentará crear una gran red de emprendimiento gallego  

Pont-Up Store regresará a la plaza de España del 21 y al 23 de septiembre