Noticias

ECOBAS participará no “Encontro de cooperativas Galicia-Norte de Portugal”
29-05-2017

ECOBAS participará no “Encontro de cooperativas Galicia-Norte de Portugal”

María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido asistirán o vindeiro 20 de xuño, en representación de ECOBAS, ó Encontro de Cooperativas que se celebrará na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, en Portugal. A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal é a encargada de organizar este evento, no que se darán cita representantes de diversas organizacións galegas e portuguesas relacionadas coa economía social e o cooperativismo.  

A participación de ECOBAS terá lugar dentro dos paneis temáticos que se presentarán pola tarde, en concreto dentro do adicado a “Investigación e ensino”. Este encontro supón unha importante vía de coñecemento das actividades e proxectos que se están a levar a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e unha oportunidade para establecer novos vínculos de cara á formación de futuros consorcios e grupos de traballo no ámbito da cooperación.