Noticias

O Comité Científico Asesor de ECOBAS visita Vigo
24-05-2017

O Comité Científico Asesor de ECOBAS visita Vigo

O pasado 12 de maio, os integrantes do Comité Científico Asesor de ECOBAS asistiron en Vigo ó seu primeiro encontro cos órganos de xestión da Agrupación. Este Comité está integrado por catro membros de recoñecido prestixio e experiencia no ámbito da economía e a empresa: Zulima Magdalena Fernández, Catedrática de Organización de Empresas da Universidad Carlos III de Madrid; Lucio Fuentelsaz, Catedrático de Organización de Empresas da Universidad de Zaragoza; Inés Macho, Catedrática de Economía na Universitat Autònoma de Barcelona; e Antonio Villar, Catedrático de Análise Económica da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla.  

Nesta primeira visita, os catro membros tiveron ocasión de compartir unha xornada de traballo cos membros do Comité Científico-Executivo e da Comisión de Dirección, na que se lles presentou a información sobre a evolución da Agrupación dende a súa creación en novembro de 2015, e os proxectos en marcha enmarcados dentro do Plan Estratéxico que se vai seguir durante os vindeiros meses.  

A adhesión deste Comité Científico Asesor ó organigrama de ECOBAS supón un importante valor engadido, ao aportar un punto de vista externo e obxectivo á Agrupación, desenrolando tarefas de asesoramento e desempeñando un papel central na toma de decisións estratéxicas e no establecemento de novos retos.



DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

Membros Comite Cientifico Asesor ECOBAS.pdf