Noticias

David Sánchez, Xestor de ECOBAS, trasladase temporalmente a Bruxelas grazas á obtención dunha axuda do CDTI destinada á Capacitación de Xestores
08-05-2017

David Sánchez, Xestor de ECOBAS, trasladase temporalmente a Bruxelas grazas á obtención dunha axuda do CDTI destinada á Capacitación de Xestores

David Sánchez, Xestor da Agrupación Estratéxica ECOBAS, acaba de obter unha das seis axudas para a Capacitación de Xestores concedidas a nivel nacional polo CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial) na súa última convocatoria. Estas axudas buscan apoiar a especialización, no ámbito da xestión de proxectos, do persoal de entidades españolas con participación en propostas de H2020 e outro tipo de convocatorias a nivel europeo.  

Durante oito semanas trasladarase á oficina do CDTI en Bruxelas (oficina SOST) onde, ó tempo que segue desenvolvendo as súas actividades para ECOBAS, recibirá formación especializada sobre H2020, asistirá a charlas de membros da Comisión Europea, o CDTI e outros actores participantes na I+D+i a nivel internacional e desenrolará un plan de traballo que permita impulsar os proxectos da Agrupación que xa están en marcha e dar comezo a novas iniciativas.

A consecución desta axuda constitúe un feito de gran relevancia para ECOBAS, ao proporcionar un acceso máis directo ás institucións europeas ó tempo que permitirá impulsar a visibilidade da Agrupación a nivel internacional e ampliar a rede de contactos, facilitando así a consecución de futuros consorcios.

Máis información: