Noticias

Estréase a Mediateca ECOBAS, dende a que se poden visualizar en aberto os vídeos de seminarios, conferencias e outros eventos nos que participa a Agrupación
31-03-2017

Estréase a Mediateca ECOBAS, dende a que se poden visualizar en aberto os vídeos de seminarios, conferencias e outros eventos nos que participa a Agrupación

ECOBAS pon a disposición dos usuarios da súa páxina web os vídeos dos eventos organizados dende a Agrupación ou nos que participan os seus membros, coma seminarios, conferencias e workshops. O obxectivo é facilitar o acceso a contidos de interese científico e académico a toda a comunidade universitaria e investigadora, e a calquera persoa interesada nos diferentes temas propostos que, por motivos de tempo ou de localización xeográfica, non poidan asistir a eses eventos.

Para desenrolar esta iniciativa cóntase co apoio da Universidade de Vigo Televisión (UVigoTV), e poderase acceder ó material dende a súa páxina web ou dende a Mediateca que se incorpora ó menú “Actualidade” da web de ECOBAS.