Noticias

SAVES convence ó cooperativismo e marca o punto de partida para a posta en marcha de novos proxectos
26-10-2021

SAVES convence ó cooperativismo e marca o punto de partida para a posta en marcha de novos proxectos

Vigo, 26 de outubro de 2021. O acto oficial de presentación de SAVES (Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social) tivo lugar na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, centro da Universidade de Vigo moi vencellado ó cooperativismo, e estivo guiado polo Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Ademais de María José Cabaleiro e Carlos Iglesias, creadores da ferramenta e uns dos principais investigadores no eido do cooperativismo en Galicia, contou coa participación da directora xeral de Emprego, Traballo autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; o presidente do Foro pola Economía Social de Galicia (FOROESGAL), Celso Gándara; a directora da Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo, Consuelo Currás; e a presidenta da asociación Mulleres de Seu e vicepresidenta de CLUN, Carmen Rodríguez.

María José Cabaleiro foi a encargada de abrir o acto cunha presentación na que amosou o funcionamento, funcionalidades e gran potencial de SAVES para a xestión do cooperativismo, ó aglutinar datos que ata o de agora se atopaban dispersos en diferentes fontes de información e permitir consultar de maneira sinxela unha ampla información económico-financeira sobre as sociedades cooperativas galegas dende calquera dispositivo móbil. Carlos Iglesias pechou esta parte da presentación da aplicación sinalando as melloras que se pretenden poñer en marcha a partir de agora, centradas principalmente en ampliar o período temporal que abrangue a información e o número de cooperativas rexistradas, e que permitirán seguir aumentando o rendemento de SAVES.

Ó rematar a presentación da ferramenta foi o quenda da directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, que puxo en valor na súa intervención o concepto de cooperación e o valor que aporta a economía social a Galicia, xerando un emprego de calidade e centrado nas persoas, motivo polo cal a Xunta de Galicia está a desenvolver accións coma a Rede Eusumo ou a estratexia galega da economía social, que permitan seguir apoiándoo e desenvolvéndoo .Pola súa banda, Celso Gándara, presidente de FOROESGAL, quixo agradecer á Universidade de Vigo o apoio que está a dar no eido do cooperativismo, e sinalou a importancia que teñen iniciativas coma SAVES para recompilar datos, dalo a coñecer e poñelo así en valor, e rematou a súa intervención sinalando algunhas necesidades que poderían ser abordadas coa colaboración da universidade.

As últimas en intervir foron Consuelo Currás e Carmen Rodríguez. Currás, que fixo unha lembranza do importante papel que a Escola Universitaria de Estudos Empresariais tivo para o a economía social, sendo o lugar onde se creou Asociación de Economía Social e a Revista de Cooperativismo e Economía social, que publicou o seu primeiro número en 1990, foi a encargada de presentar a Carmen Rodríguez, á que definiu coma unha ‘muller empoderada’ é á que lle amosou a súa máxima admiración. Pola súa banda, unha emocionada Carmen Rodríguez quixo agradecer ós creadores de SAVES o seu traballo e compartiu co público as súas vivencias coma membro dunha familia historicamente vencellada ó cooperativismo e ó rural, sinalando o referente vital e profesional que son para ela a súa nai e a súa avoa, unha das fundadoras de Feiraco, e destacou a importancia de levar a cabo actuacións para mellorar o papel das mulleres na xestión e dirección das cooperativas, coma as que se levan a cabo dende a asociación Mulleres de Seu, que ela dirixe, rematando a súa intervención cunha mensaxe de optimismo a este respecto xa que, se ben aínda queda moito que mellorar, os cambios xa se están comezando a notar.

O peche do acto tivo lugar cunha homenaxe sorpresa que os creadores de SAVES e a Universidade de Vigo quixeron brindar a dúas persoas de gran relevancia no eido das ciencias sociais, Higinio Mougán, xerente de Agaca, e Constantino Gago, xerente de EspazoCoop: O Premio SAVES A toda unha vida dedicada a manter acendida a luz do cooperativismo.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.