Noticias

Luz verde da USC para o recoñecemento de ECOBAS como Centro de Investigación Interuniversitario
01-10-2021

Luz verde da USC para o recoñecemento de ECOBAS como Centro de Investigación Interuniversitario

Santiago, 1 de outubro.  O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou esta mañá o recoñecemento de ECOBAS como Centro de  Investigación Interuniversitario.  A USC era a única universidade galega que faltaba por acreditar a transformación da Agrupación Estratéxica en Centro de Investigación. Con este acordo, iníciase a recta final cara o total recoñecemento por parte da Xunta de Galicia como Centro de Investigación Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Esta conversión permitirá a ECOBAS competir en contextos nacionais e internacionais con máis fortaleza.   

Na actualidade conta con 16 garantes das tres universidades galegas, académicos e académicas de prestixio cunha traxectoria destacada no ámbito da investigación e da docencia. Cabe subliñar que o director de ECOBAS, Carlos Hervés, acaba de ser galardoado pola Real Academia Galega das Ciencias coa medalla Domingo García-Sabell Rivas, que premia a sección de 'Ciencias Económicas e Sociais'. En pouco tempo iniciarase o proceso para que aqueles investigadores e investigadoras que queiran sumarse ó Centro poidan solicitar a súa adscrición .  

Tamén no día de hoxe o Consello de Goberno da Universidade de Vigo, que foi a primeira en aprobar a creación do Centro o pasado mes de maio, deu o seu visto bo ó regulamento interno de ECOBAS e o convenio de creación da entidade que asinarán as tres universidades galegas.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.