Noticias

Celebración do “XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka”
13-01-2017

Celebración do “XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka”

Os días 19 e 20 de xaneiro terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense o Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka. O evento está organizado polo Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, e conta coa participación, dentro do Comité Organizador, das investigadoras de ECOBAS Belén Fernández-Feijóo e Mercedes Mareque, ambas do grupo CoAFin,  

Nesta cita científica, que vai xa pola súa 22ª edición e que se organiza por primeira vez en Ourense, participarán investigadores e docentes de oito países (España, Portugal, Italia, Francia, Reino Unido, Holanda, Rusia e Colombia), que exporán os seus traballos sobre contabilidade e control de xestión.  

Podes consultar toda a información do evento no seguinte enlace.