22-03-2021
O proxecto Sherpa do Mar crea un Mapa de Coñecemento Eurorrexional para o ámbito mariño-marítimo
Sherpa do Mar
é un proxecto transfronteirizo (España-Norte de Portugal) cofinanciado polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg
V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e liderado dende a Universidade de Vigo.
No seu
obxectivo de crear unha rede transfronteiriza no ámbito mariño-marítimo, foi
creado un Mapa de Coñecemento
Eurorrexional que
incorpora unha extensa base de datos sobre recursos científico-técnicos
relacionados co mar e dispoñibles na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
En concreto, este directorio recolle
información sobre 99 organizacións e equipos de investigación de I + D -86
de Galicia e 13 de Portugal-, especializados nas áreas de Xestión integral dos
océanos; Enxeñaría (portos, infraestruturas e enerxía); Observación do océano e
do cambio global; Uso sostible dos recursos mariños e Apoio á innovación,
cultura e desenvolvemento de empresas.
Así mesmo,
contén os datos de 5.194 investigadores -1.929 de Galicia e
3.265 do norte de Portugal-, 76 patentes, 259 proxectos e 36
publicacións de I + D, así como 356 referencias de servizos.
Traballo
extenso de compilación
A extensa
base de datos que compón este mapa de coñecemento é o resultado da compilación
de información sobre equipos de investigación no ámbito do mar e a súa
principal produción científica, baseada en criterios específicos de acordo coas
características do ecosistema Sherpa do Mar.
Este traballo
foi coordinado polo Centro de Investigación CIIMAR e colaboraron nel as
universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Oporto, facendo
achegas sobre os seus recursos de coñecemento. Os resultados deste traballo
foron recollidos polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, dende onde se liderou o
desenvolvemento desta nova sección na páxina web do proxecto e para o que se
contou co apoio do grupo de investigación REDE de ECOBAS.
Aberto a
novos rexistros
Ademais de actuar como fonte de información, as fichas do mapa especifican
as localizacións das organización e equipos de investigación e facilitan o
contacto cos seus responsables. O propósito último é promover a creación dunha
comunidade de coñecemento transfronterizo en torno ó mar, polo que a base de
datos está aberta a novas incorporacións.
Deste modo, cualquera organización de I+D ou equipo de investigación de
Galicia e o Norte de Portugal cuxas líneas de traballo estén relacionadas co
ámbito mariño-marítimo pode formar parte deste Mapa de coñecemento eurorrexional
efectuando o rexistro a través deste formulario.
No caso dos proxectos ou publicacións, os requisitos para incorporarse a
este directorio, ademais dos xa citados, é que estén en curso ou concluídos nos
últimos 5 anos.