Noticias

Premio á mellor investigación na área de economía e outras afíns para o proxecto SAVES
18-02-2021

Premio á mellor investigación na área de economía e outras afíns para o proxecto SAVES

O duro traballo iniciado polos investigadores de ECOBAS María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido anos atrás, comeza a ver os seus froitos. SAVES, Sistema Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, acaba de recibir o “X Premio á investigación e docencia en materia de organizacións de participación” correspondente ó ano académico 2019-2020, que outorga a Escuela de Estudios Cooperativos da Universidade Complutense de Madrid.

Este galardón concédese anualmente á mellor investigación na área de economía e outras afíns. A ferramenta SAVES, que permite acceder á información vía web sobre a situación e evolución recente do Cooperativismo en Galicia, así como do perfil económico-financeiro das cooperativas galegas, afirma o seu potencial para estenderse a outras rexións xeográficas no contexto dos observatorios sobre economía social.

Unha escola que promove o cooperativismo dende 1971


Os premios son concedidos pola Escuela de Estudios Cooperativos, creada en 1971, con sede na Universidade Complutense de Madrid. A escola naceu para promover o estudo, análise e investigación das organizacións de participación, a saber: sociedades laborais, sociedades cooperativas, sociedades agrarias de transformación, mutuas e confrarías. Neste obxectivo de difundir o cooperativismo, cada ano a Escola concede diferentes premios, entre eles, o que se lles outorgou ós investigadores de ECOBAS. En xeral, os premios tratan de recoñecer o labor efectuado por persoas ou institucións a prol do cooperativismo e doutras organizacións de participación.

Algunha das categorías dos premios anuais requiren de candidatura previa, pero no caso dos premios á mellor investigación: Investigación en Economía e investigación Dereito, son concedidos pola Escola baixo o seu libre criterio e sen candidaturas previas. Os proxectos de investigación en economía poden ser de calquera tipo, e non están circunscritos ó ámbito nacional, aínda que son os máis frecuentes.

Habitualmente, a Escola organiza unha serie de xornadas nas que reúne aos seus membros, así como congresos. Aprovéitase unha desas xornadas para entregar os premios. Se as circunstancias o permitisen, os investigadores de ECOBAS acudirían a este evento para recoller o seu galardón.

Unha merecida recompensa


Para María José Cabaleiro e Carlos Iglesias este galardón é unha gran satisfacción, xa que o premio é outorgado por unha institución académica formada por expertos nacionais e internacionais dedicada ó estudo e investigación do cooperativismo e as empresas de participación. Polo tanto, os seus membros son coñecedores das dificultades que implica investigar sobre cooperativas. “Calquera que vexa a páxina web pensará unicamente que detrás de SAVES só hai un traballo informático, consistente en transformar táboas de datos en gráficos. Sen embargo, ese é o aspecto que ten menos valor.  O mérito está no traballo de recompilar toda unha información, dispersa en fontes moi variadas, procesada con criterios e metodoloxías específicas, distintas ás aplicadas para as empresas convencionais, e publicada de forma descontinua no tempo. Os membros da Escola de Estudos Cooperativos son conscientes da ardua tarefa que está permitindo construír SAVES”, sinala o investigador Carlos Iglesias.

“O desenvolvemento do proxecto está xerando novas ideas”


“É un proxecto que viñamos madurando dende hai bastantes anos. Estámonos esforzando para que continúe no futuro, pero isto depende tamén doutras institucións.  Aínda que a idea inicial de SAVES permanecerá igual, o desenvolvemento do proxecto está xerando novas ideas. De feito, na convocatoria da Rede EUSUMO deste ano 2021 imos presentar outra proposta, que vai tamén na liña de favorecer a dixitalización da operativa económica e financeira das sociedades cooperativas”, afirma a investigadora María José Cabaleiro.


“Nos proxectos estamos avanzando coa liña trazada. Inicialmente, tememos que as restricións ocasionadas polo COVID-19 frearan o ritmo de traballo. O proxecto foi presentado á convocatoria da REDE días antes de que o coronavirus entrase en España. Pero no proxecto xa contemplabamos a posibilidade de realizar o traballo en réxime semi-presencial, e iso permitiunos dotarnos dos medios para estar traballando na actualidade plenamente en réxime de teletraballo. Con dous participantes no proxecto nunca mantivemos unha xuntanza presencial”, explica o investigador.


Posibilidades de exportar a idea


“Agora estamos centrados en Galiza. Esta é a nosa prioridade. Podemos avanzar que cando acabe este proxecto, en setembro de 2021, estaremos en condicións de ofrecer o mesmo proxecto a outras Comunidades Autónomas. En España, as sociedades cooperativas depositan as súas contas en Rexistros autonómicos. Nestes momentos, non hai en ningunha outra Comunidade Autónoma un proxecto destas características”, explican os investigadores.

¿Estanse cumprindo as expectativas do proxecto?


“Se nos permites o símil cinematográfico, por agora só presentamos o tráiler da película. Resta por ver a película, é dicir, aínda é cedo para valorar a acollida. En Marzo presentaremos o segundo Informe de SAVES, que mostrará o verdadeiro potencial deste Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social. O primeiro informe que se publicou en decembro do ano pasado só era un avance. Unha vez que se publique o segundo Informe, poderemos comprobar se cubrimos as expectativas creadas en torno a esta ferramenta virtual”, comentan os creadores.


Polo momento, os resultados están sendo espléndidos e o laborioso traballo realizado polos investigadores está recollendo os seus froitos. Este interesante proxecto dará moito que falar e esperamos que as boas novas se repitan. 
   
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.